Website created by:
uriartedesign
uriartedesign
Website created by: uriartedesign
Como cada sábado, Nós Diario trae entre as súas páxinas un novo número de Sermos Galiza. O semanario protagonízao, desta volta, o incombustíbel artista vasco Fermín Muguruza, que vén de presentar Black is Beltza II: Ainhoa, unha obra de banda deseñada editada en euskera, catalán, español e galego e que estes días estivo presentando no país. Entrevístao Manuel Barreiro.
«Sempre fun un contador de historias e sempre tratei tamén de estar atento, de aprender, de ser unha esponxa do que pasaba o meu redor. Por exemplo, no caso dos videoclips, algúns utilizábanos como ferramenta comercial pero para nós era unha forma de contar cousas. Tamén tiñan ese aspecto lúdico da arte, claro; pasalo ben era unha reivindicación fronte a tanta miseria e tanta represión», sinala nesta conversa que se publica o sábado.
The privacy policy has been updated due to the new data protection regulations and our commitment to transparency. Although we are not modifying the way we use and share your data, we believe that you have to be informed of your data that we collect, how we treat it and what options and control you have. Cookie SettingsReject All Accept