
Web creada por:
uriartedesign
uriartedesign
Web creada por: uriartedesign
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) organiza este acto que dará comezo ás 10:00 horas e será aberto e gratuíto para os e as xornalistas interesadas. Por motivos de organización, para poder asistir é imprescindible inscribirse enviando un mail a xornalistas@xornalistas.gal ou chamando ó 981 93 56 70. Aforo limitado.
Muguruza foi definido como unha das figuras de maior influencia no panorama musical vasco en diferentes sectores. Comezou a súa carreira musical creando xunto ao seu irmán Iñigo o grupo de música Kortatu. Cando a banda se disolveu, Muguruza formou Negu Gorriak xunto ao seu irmán Iñigo, Kaki Arkarazo, Mikel Txopeitia e Mikel Anestesia. O grupo converteuse nunha das formacións máis importantes da escena dos anos 90. Posteriormente, iniciou a carreira en solitario, tomando como base o reggae e o dub e mesturando ritmos latinos ou elementos do rock, hip hop, funk, soul e drum and bass. Ao longo dos anos, colaborou con artistas como Manu Chao, Amparanoia, Todos Tus Muertos, Albert Pla, Zebda, Reincidentes, Angelo Moore de Fishbone, Raúl Refree, Obrint Pas, Toots, U-Roy, Rita Marley ou Peret. Ademais, Muguruza ten traballado no mundo do audiovisual con títulos como a serie sobre música árabe Next Music Station (2011) para a cadea Al Jazeera, ou os filmes de animación Black is Beltza (2018) e Black is Beltza II: Ainhoa (2022), esta última finalista dos Premios Goya. As novelas gráficas de Black is Beltza están publicadas en galego por Demo Editorial.
Actualmente, cando se fan 40 anos do lanzamento da primeira maqueta de Kortatu, o artista está a realizar unha xira internacional para celebrar o seu corenta aniversario, que vai recalar o vindeiro 15 de marzo no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela. Vítima de algúns ataques e tentativas de censura, o almorzo servirá, ademais de para falar da súa carreira artística, para analizar a situación da liberdade de expresión no mundo da música e da cultura.
Os ‘Almorzos On/Off’ lévanse realizando dende febreiro de 2005, organizados polo CPXG en varias das súas demarcacións. Estes encontros cos xornalistas pretenden fomentar o diálogo e a análise da actualidade cos seus protagonistas.
O CPXG, entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Hemos actualizado nuestra política de privacidad para la nueva legislación de protección de datos y nuestro compromiso con la transparencia. No hemos cambiado la forma en que usamos y compartimos sus datos, pero creemos que necesita saber qué datos recopilamos de usted, cómo los tratamos y qué opciones y control tiene. Configurar cookiesRECHAZAR COOKIES ACEPTAR TODO